luns, 9 de decembro de 2013

Un mar de sueños rotos


Un mar de sueños rotos, editado polo Goberno de Canarias no 2008, é un relato escrito por Daniel Delisau Suárez, estudante do IES Pérez Galdós de Las Palmas de Gran Canaria, e ilustrado por sete alumnos da Escuela de Arte Fernando Estévez de Tenerife. Narra as razóns dos inmigrantes para arriscar a súa vida subindo a unha patera, na procura dun futuro mellor.
A calidade do texto e das imaxes, así como a importancia social do tema tratado, fan desta obra unha excepcional ferramenta para traballar a inmigración nas aulas. Aquí tedes unha proposta didáctica.
Os protagonistas son dous inmigrantes senegaleses, Touba Dibangui e Vieux Samaté, que deciden subir a unha patera para chegar a Canarias. Eles cóntannos os seus soños e esperanzas no discorrer dunha dramática viaxe de final incerto, que para nós case deixou ata de ser noticia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario