Amosando publicacións coa etiqueta Mali. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mali. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de outubro de 2014

TINARIWEN






Tinariwen é un grupo musical tuareg de Mali. Aparece por primeira vez en 1982 e durante a rebelión tuareg dos anos noventa as súas cancións foron himnos moi reivindicativos e esperanzadores.
A partir de 1992 empezan a actuar en varios festivais pero será no 2003 cando se fan coñecidos en Occidente tras o seu paso polo primeiro Festival Do Deserto (Le Festival au Désert), en Essakane.
Despois de 35 anos de traxectoria e seis discos, Tinariwen é unha banda consagrada no efervescente panorama musical maliense.

O seu último traballo titúlase “Emmaar”. Para saber máis podes pinchar aquí.


A música de Tinariwen é rítmica, contemporánea, intensa, dinámica... É somerxerse no manto da area nocturna do deserto. 



"Toumast Tincha" by Tinariwen from the album 'Emmaar,'


TINARIWEN - ISLEGH TAGHRAM TIFHAMAM 

venres, 29 de novembro de 2013

A Carta de Mandén


O Kouroukan Fouga ou Carta de Mandén era a constitución do Imperio de Malí (1235-1670). É unha declaración que fixou as regras básicas nas que se fundou o Imperio, coa intención de evitar a guerra e garantir unha convivencia en harmonía. Estableceu formalmente a federación das tribos mandinka baixo un goberno, definiu como funcionaría este e estableceu as leis que rexerían ao pobo.
O Mansa Sundiata Keïta presentou a lei en 1235 nunha chaira próximoa á cidade de Ka-Ba (actual Kangaba), e sobreviviu grazas á tradición oral a través de xeracións de djeli ou griots. O djeli preservou a historia do imperio de Malí incluíndo os seus reis, batallas e sistema de goberno.
Pon como principio o respecto pola vida humana, a liberdade individual e a solidariedade. Afirma a oposición total ao sistema de escravitude que se volveu corrente en África occidental. A abolición do devandito sistema foi un dos logros máis importantes de Sundiata Keita e do Imperio de Malí.
O Kouroukan Fouga diríxese "ás doce partes do mundo"; ten unha vocación de universalidade. Esta carta pode ser considerada como unha das primeiras declaracións de dereitos humanos. Está escrita en forma poética e contén sete estrofas, cos seguintes encabezados:
  • Toda vida é unha vida
  • O dano require reparación
  • Practica a axuda mutua
  • Coida da patria
  • Elimina a servidume e a fame
  • Que cesen os tormentos da guerra
  • Cada quen é libre de dicir, de facer e de ver