domingo, 29 de xuño de 2014

3052, Persiguiendo un sueño; de Mamadou Dia


A obra 3052, Persiguiendo un sueño do senegalés Mamadou Dia cóntanos en primeira persoa o drama da actual inmigración africana e, a través da forma narrativa dunha carta escrita ao seu irmán, permítenos coñecer este tema tan presente na nosa vida cotiá  dun xeito moi directo e claro, sen artificios políticos nin periodísticos, e amosándonos a absoluta inxustiza das actuais políticas de inmigración europeas.
Mamadou Dia é un protagonista considerado afortunado desa longa e vergoñenta serie de episodios diarios aos que non queremos poñer fin; precisamente, el apunta neste libro e no seu traballo como colaborador na organización Cooperación para el desarrollo algunhas das ideas claves para rematar con este aterrador problema, non se trata de solidariedade, trátase de desenvolvemento e falla de oportunidades.




Ningún comentario:

Publicar un comentario