domingo, 16 de marzo de 2014

Os bosquimáns, o pobo máis antigo

http://www.survival.es/indigenas/bosquimanos

Os bosquimáns son o pobo vivo máis antigo da Terra (hai 100.000 anos que se separaron doutras poboacións segundo os estudos xenéticos). Hoxe viven só uns 100.000 en Botswana, Namibia, Sudáfrica e Angola. No centro de Botswana atópase a Reserva de Caza do Kalahari Central, creada para protexer o territorio tradicional de 5.000 bosquimáns e a caza da que dependen. A comezos dos anos 80 atopáronse diamantes na reserva, e o Goberno foi expulsando aos bosquimáns nos anos seguintes, e mesmo se cegou a único pozo de auga. Os expulsados viven agora en campos fóra da reserva, e prohíbeselles cazar, dependendo totalmente das escasas axudas do Goberno. Son vítimas do alcoholismo, a depresión e enfermidades como a tuberculose e a SIDA. Moitos morrerán e a súa forma de vida está a destruírse.
Os bosquimáns iniciaron unha batalla legal contra o Goberno, e os tribunais téñenlle dado a razón, permitindo que volvan a reserva, usen o pozo e abran outros novos. Porén, o Goberno, tenlle concedido unha licenza á empresa Wilderness Safaris para que abra un aloxamento turístico na reserva. O Kalahari Plains Camp abriuse sen contar cos bosquimáns. Mentres estes teñen problemas para acceder a auga, os clientes do hotel poden tomar un cóctel a carón da piscina.
Ao mesmo tempo, as autoridades seguen acosando aos bosquimáns para impedirlles cazar na súa propia terra e impide o regreso dos bosquimáns expulsados da reserva.
No ano 2002 os bosquimáns levaron a xuízo ao Goberno, pedindo que a expulsión fose declarada ilegal. O xuízo tense prolongado, tendo falecido moitos dos demandantes orixinais. No ano 2006 os bosquimáns obtiveron unha vitoria histórica, cando os xuíces declararon 'ilegal e inconstitucional' a expulsión. Pero o Goberno fai todo o posible para non cumprir a sentenza. No ano 2010 os tribunais volveron darlle a razón aos bosquimáns sobre o acceso a auga.
Pero os intentos de acabar coa presenza dos bosquimáns na reserva continuaron, e no 2013 volveron de novo aos tribunais para abolir a necesidade de permisos para entrar na reserva. Para boicotear a demanda o Goberno impediu o acceso a Botswana do avogado británico, Gordon Bennett, que os representa. Está claro que o despoxo dos bosquimáns débese a riqueza en diamantes das súas terras, onde xa se están abrindo minas que en nada benefician aos habitantes ancestrais deste territorio.

luns, 24 de febreiro de 2014

O xiro postal, de Ousmane Sembene (libro e película)

Eladio Anxo
2260362298_343fe4c4f6Ousmane Sembene (1923-2007) é un dos grandes persoeiros da cultura africana. Naceu en Senegal, loitou na II Guerra Mundial contra o nazismo, traballou despois en Francia en diversos oficios manuais. Militou no comunismo e, nos anos 50, comezou a publicar novelas e, coa finalidade de chegar a máis xente, rodou varias curtametraxes. En 1966 estreou a primeira longametraxe africana, A negra de… No ano 1968 realizou a primeira película rodada nunha lingua africana, o wolof: Mandabi, baseada en O Xiro Postal.
Toda a súa obra literaria (escrita en francés) e cinematográfica amosa o compromiso do autor coa denuncia das desigualdades, transmitindo unha mensaxe de loita e esperanza na mellora das condicións de vida dos africanos.
O Xiro postal conta as dificultades burocráticas dun cidadán de Dakar, condenado desde hai máis dun ano ao paro, para poder cobrar un xiro que lle mandou un sobriño, emigrante en París. Ao tempo que describe as situacións esperpénticas vividas polo protagonista, amósanos unha sociedade corrupta e empobrecida, o Senegal recentemente independizado de Francia. Ambientada nos anos sesenta, ben podemos trasladar a falta de principios éticos e o servilismo de moitos dos personaxes a unha realidade máis próxima no tempo e no espazo.
Non hai heroes, nin tan sequera personaxes atraentes, só monicreques condenados a cumprir o papel que lles tocou nun mundo esencialmente inxusto. Uns, a maioría, loitan por sobrevivir día a día, rebaixándose ata a degradación para conseguir unha esmola coa que poder mercar algo de comida; outros adáptanse a nova realidade, sen escrúpulos para medrar, e outros fan de chupatintas repelentes que agochan a súa insignificancia maltratando aos seus concidadáns. E as mulleres, marxinadas, pero sempre atentas a salvar aos seus homes, pondo un pouco de sentido aos arroutos masculinos que dominan o absurdo cotiá.
O autor non necesita que sintamos simpatía por ningún personaxe, abonda a descrición dunha realidade inhumana, humillante, para que tamén sintamos carraxe ante a perda da dignidade e a miseria pola que ningún ser humano debería pasar. E así, consegue o seu propósito, que máis que compaixón sintamos rabia ante a inxustiza.

Un libro breve, moi fácil de ler e moi ben traducido, un mosaico das miserias e debilidades humanas, apegado á rúa, ao pobo senegalés, pero cun contido universal, porque a hipocrisía (a verdadeira protagonista da novela) é común a tódalas sociedades e persoas. Os convencionalismos sociais, e a relixión como o maior deles, seguen rexendo a nosa forma de relacionarnos, agochando a nosa incapacidade para rebelarnos, para facer que as cousas cambien.

-(…) Pensas que todo está podre…? Non… Nin sequera os que teñen traballo están contentos. Isto vai cambiar.
-Quen o vai cambiar? Pasei un ano sen traballar porque fixera folga. Teño dúas mulleres e nove cativos. O único que dá cartos son as trampas.
-Mañá faremos que todo iso cambie.
-Quen, nós?
-Ti.
-Eu…?
-Si, ti. Ibrahim Dieng.
-Eu…?


luns, 17 de febreiro de 2014

Sinal, de John Stanmayer


Esta é a foto gañadora do World Press Photo 2014. Un grupo de inmigrantes africanos busca cobertura para o seu móbil na costa de Djibuti, un lugar de paso para os migrantes procedentes de países como Somalia, Etiopía ou Eritrea. "Esta foto é poética, ten o eco de todos nós. É só xente tratando de chamar aos seus seres queridos. Poderiamos ser vostede ou eu, podería ser calquera", di o autor premiado.

venres, 14 de febreiro de 2014

Kirikú llegó hasta Ceuta


La historia de Kirikú, un niño valiente y bondadoso.
Felipe G. Gil 14/02/2014 – eldiario.es

Conocí a Kirikú hace 16 años. Kirikú era entonces un niño valiente y bondadoso. Un niño fiel a los principios del entorno que le vio crecer: la cooperación, el respeto y el amor al medio ambiente. Kirikú, siendo muy pequeñito y perteneciendo a un mundo muy distinto al mío me enseñó cosas que llevaré conmigo para toda la vida. 

Kirikú creció. Luchó por generar recursos para su familia en su país de origen. Pero no lo logró. Y aún siendo consciente de los graves riesgos que comportaba y sobre todo, siendo consciente de que no había garantías de éxito, decidió emprender un viaje para intentar llegar hasta España. Para intentar dar el salto a Europa. 

Al partir, Kirikú no tenía unas aspiraciones complejas, “Quería cruzar para poder dar de comer a su familia”, describen algunas de sus amistades. Kirikú era un estupendo bailarín. "Solíamos escuchar juntos canciones de su país. Yo le gustaba porque siempre escuchaba música de Costa de Marfil en mi móvil". Unos días antes de emprender el viaje hicieron una fiesta y todos comentaban lo bien que se movía. A menudo se reunía con amigos en un claro que denominan “campo de fútbol” donde juegan sin balón o cualquier bola de trapo. También le encantaba cantar. Y divertirse en común.

“Kirikú es pequeñito y no tiene miedo”, decía de sí mismo cuando no era más que un niño. De adulto mantenía esa valentía. Pero no fue suficiente para enfrentar el pavor que pasó en el agua mientras intentaba cruzar a nado para llegar a nuestras costas. Como muchos otros, Kirikú no lo consiguió.
Puede que la parábola de Kirikú te resulte insuficiente como homenaje a las personas que murieron en Ceuta y de las que ni siquiera conocemos su nombre (a pesar del trabajo de periodistas como Gabriela Sánchez, que como otros se está esforzando por contar qué ocurrió). A mi me sirve para pensar que por cada una de esas personas que han muerto por culpa directa o indirecta del brazo ejecutor de la Fortaleza Europea, hemos perdido la oportunidad de conocer a alguien increíble, a “un Kirikú” bondadoso y valiente. 

Este incidente nos muestra además la más hedionda y racista de las representaciones mediáticas de migrantes que podamos hacer: “Los migrantes como un problema a resolver donde la estrategia comunicativa es evidente: cosificarlo, criminalizarlo, tratarlo como un invasor, como un asaltante, como un ladrón, como un enemigo. En definitiva, como un Otro, como algo que no es como Nosotros" ( Rubén Díaz). Solo una sociedad encerrada en sí misma es capaz de mantener un absurdo en el que se usa la palabra “inmigrante” como el traje de un reo. Y en realidad los reos somos nosotros y Europa nuestra cárcel.
Lo que no sabe este pobre infeliz es que el "todos somos migrantes" no es ninguna falacia hippie. Nuestro pasado genético es prueba de ello. Que las fronteras estén basadas en divisiones artificiales y contingentes, también. Todos somos migrantes. Todos somos Kirikú. Y Kirikú no pertenecía a un solo lugar. Kirikú era atravesado por algunos lugares. En ocasiones, por un país, en otras por una casa, por un barrio, por un paisaje. Algunos los escogió y otros le vinieron dados. Era de aquí y de más allá.

Kirikú llegó hasta Ceuta. Y murió. Y con él una parte de nosotros.
De dónde son las personas
El penúltimo párrafo no está entrecomillado por razones estilísticas, pero está trasladado a partir de un post de Brigitte Vasallo, una de las personas que más me ha estimulado en los últimos tiempos al leerla sobre estos temas. Kirikú es una serie de largometrajes de ficción que son la adaptación de un cuento africano.

xoves, 13 de febreiro de 2014

10 datos interesantes sobre África

Economía en la nube

1. África aporta cerca del 15% de la población total del planeta y tan solo representa el 3% de la economía mundial. (The Economist Intelligence Unit, 2012).

2. 28 países africanos crecerán a un ritmo medio del 5% en el periodo 2012-2016 (The Economist Intelligence Unit, 2012).

3. 7 de las 10 economías que crecen a un mayor ritmo en el mundo en el periodo 2010-2015 se encuentran en África [Etiopía, Mozambique, Tanzania, Congo, Ghana, Zambia y Nigeria]. (Ernst & Young, 2012).

4. Está demostrado que el crecimiento económico real en África no puede ser medido debido a enormes sectores que todavía no están formalizados... ¡el crecimiento económico real no se puede medir! (The Economist Intelligence Unit, 2012).

5. 8 países africanos [Egipto, Mauritania, Sudáfrica, Marruecos, Argelia, Botsuana, Gabón y Mauricio] tienen un ratio suscripciones de teléfonos móviles / habitantes mayor al de Estados Unidos y Francia. (Banco Mundial y CIA The World Factbook, 2011).

6. 35 de los 54 estados africanos se encuentran por delante de China en el Índice de Democracia elaborado por The Economist Intelligence Unit. (Ernst & Young, 2012).

7. 35 de los 54 estados africanos se encuentran por delante de Rusia en el Índice Internacional sobre Transparencia y Corrupción. (Ernst & Young, 2012).

8. Una de cada cinco empresas Fortune 500 están operando en África y continuarán aumentando su presencia en el continente durante la próxima década. (The Economist Intelligence Unit, 2012).

9. Según el Doing Business 2013, un informe que mide la facilidad para hacer negocios en un país, Mauricio, Sudáfrica  Túnez o Ruanda  aparecen en este ranking por encima de 9 estados de la Unión Europea. (Banco Mundial, 2013).

10. El coste de vida en muchas de las capitales africanas es mayor al de ciudades de países desarrollados. De hecho, en 2011, Luanda (Angola) fue designada como la ciudad más cara del mundo por delante Tokio, Moscú, o Ginebra. (Mercer Consulting Firm, 2011).