xoves, 15 de xaneiro de 2015

Un magnífico cómic para explicar o conflito do Sáhara

'El conflito del Sáhara en menos de 3.000 palabras' é o título deste magnífico cómic de Mauro Entrialgo.

Esta banda deseñada, sinxela e chea de color, foi un encargo feito polo Consejo de Juventud del Principado de Asturias, e pódese descargar de xeito gratuíto, mesmo en inglés, na seguinte ligazón, con licenza Creative Commons:

O autor foi quen de sintetizar as claves do conflito, tratando todos os aspectos fundamentais do mesmo. Desde a situación nos campos de refuxiados ao comercio de fosfatos ou os acontecementos históricos como a 'Marcha Verde'. A estrutura da obra permite ler cada apartado de forma independente, sen personaxes que unan as distintas situacións. Remata cunha galería dos persoeiros craves para entender a situación.

Este proxecto pretende usar a banda deseñada como ferramenta para achegar aos adolescentes (e a todo o mundo) nas aulas ao coñecemento dos conflitos internacionais. Están tamén dispoñibles un realizado por Alfonso Zapico sobre Colombia, e outro sobre Palestina de Bernardo Vergara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario