Amosando publicacións coa etiqueta documentais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documentais b>. Amosar todas as publicacións
martes, 25 de novembro de 2014
mércores, 12 de novembro de 2014
Hanan. De Marrocos a Galicia: O que nos une
Un día gris de inverno, no ano cristiano de 2003 e 1424 da Héxira, naceu
en Compostela Hanan. Filla de Elomari e Zaina, berber de nación, da
familia dos Omar, da tribu Idaousmlal e galega por nacemento. Ela é o
fío condutor a través do que coñeceremos os elementos humanos,
económicos e culturais que nos unen, frente ao tópico do que nos separa
do "outro".
Serie da TVG, en seis capítulos que podedes ver separados en youtube
Ficha artística
Dirección: / Valentín Carrera
Duración: 26'
Orixe: Galicia-Marrocos
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
luns, 13 de outubro de 2014
XII Edición do Festival de Cine Euroárabe Amal
O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal cumpre a súa XII edición en Santiago de Compostela. Proxectaranse nove películas de éxito internacional relacionadas co mundo árabe e tamén se organizarán distintas actividades paralelas.
A primeira proxección deste edición (luns 13, 22h.) será Returns to Homs, coprodución siria-alemá dirixida por Talal Derki. Trátase dun documental bélico que narra a guerra de Siria en oitenta minutos. A peza obtivo o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance e máis recentemente o de mellor película nunha nova edición do DocsBarcelona.
Se queredes ler máis sobre o festival podedes visitar a súa páxina web onde aparece publicada a programación por días do Festival
domingo, 29 de xuño de 2014
3052, Persiguiendo un sueño; de Mamadou Dia
A obra “3052,
Persiguiendo un sueño” do senegalés Mamadou Dia cóntanos en primeira persoa o
drama da actual inmigración africana e, a través da forma narrativa dunha
carta escrita ao seu irmán,
permítenos coñecer este
tema tan presente na nosa vida
cotiá dun xeito moi directo e claro, sen
artificios políticos nin
periodísticos, e amosándonos a
absoluta inxustiza das actuais
políticas de inmigración europeas.
Mamadou Dia é un protagonista considerado afortunado
desa
longa e vergoñenta
serie de episodios diarios aos que non queremos poñer fin;
precisamente, el apunta neste
libro e no seu traballo como
colaborador na
organización Cooperación para el desarrollo algunhas das
ideas claves para rematar con este aterrador problema, non se trata de solidariedade, trátase de desenvolvemento e
falla de oportunidades.
sábado, 12 de abril de 2014
Bref, documental sobre a ablación
Documental sobre a mutilación xenital feminina, premiado no Festival de Cine de Málaga, e producido por Médicos del Mundo. Falan as propias protagonistas, mulleres africanas que agora viven en España. Dirixido por Christina Pitouli.
xoves, 30 de xaneiro de 2014
Saharauis: los ojos del desierto
Documental sobre o pobo saharui producido pola Oficina de Acción Solidaria y Cooperación de la Universidad Autónoma de Madrid.
PREME NA IMAXE PARA VER O FILME
PREME NA IMAXE PARA VER O FILME
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
