A obra “3052,
Persiguiendo un sueño” do senegalés Mamadou Dia cóntanos en primeira persoa o
drama da actual inmigración africana e, a través da forma narrativa dunha
carta escrita ao seu irmán,
permítenos coñecer este
tema tan presente na nosa vida
cotiá dun xeito moi directo e claro, sen
artificios políticos nin
periodísticos, e amosándonos a
absoluta inxustiza das actuais
políticas de inmigración europeas.
Mamadou Dia é un protagonista considerado afortunado
desa
longa e vergoñenta
serie de episodios diarios aos que non queremos poñer fin;
precisamente, el apunta neste
libro e no seu traballo como
colaborador na
organización Cooperación para el desarrollo algunhas das
ideas claves para rematar con este aterrador problema, non se trata de solidariedade, trátase de desenvolvemento e
falla de oportunidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario