Amosando publicacións coa etiqueta Senegal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Senegal. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2015

Sansamba, de Isabel Franc e Susanna Martín

Un día llamaron a la puerta de mi casa, al otro lado había un negro con una bicicleta
Así comeza Sansamba, unha novela gráfica que conta unha historia necesaria con sinceridade e tenrura. Unha amizade real, entrañable, entre a escritora Alicia, unha burguesa progre de Barcelona, e Baala, un mozo senegalés, que se busca a vida no Maresme.
Todo comeza cando o rapaz chegado de Senegal nas dramáticas e vergonzosas condicións habituais, que tamén nos relata no cómic, timbra na casa de Alicia para pedir traballo. A partir de aquí iníciase un camiño de coñecemento e recoñecemento mutuo, no que ambos saltan por riba dos prexuízos asumidos pola súa tradición e formación, e son quen de respectarse e quererse, de alegrarse a vida mutuamente. Alicia atopa o estímulo que necesitaba para superar a rutina e a decadencia física, o devalar plano cara un final que semella próximo. Baala ten en Isabel o apoio que necesitaba para ir gañándose a vida no entorno hostil no que vive e poder mandar diñeiro a súa familia. Arredor destes dous personaxes xorden outros, as amigas de Isabel e a familia de Baala, que enriquecen a historia principal, ofrecéndonos un achegamento a realidades distintas, non necesariamente alleas ao noso entorno.
Non me gustou moito o debuxo, pero o argumento é tan bonito que calquera crítica que se poida facer sería inxusta ante a calidade da narración, os valores que transmite e o optimismo respecto da especie humana que sentimos ao rematar a lectura. Encántame o ton, fuxindo de todo tipo de maniqueísmo ou buenismo, sen ocultar os prexuízos que todos temos e a crítica (tamén a autocrítica), ensamblando a culminación dunha amizade por medio de pequenos detalles, da tolerancia, do cariño e da confianza. Como calquera outra amizade verdadeira.
Claro, o punto de vista é o de Alicia, non o de Baala, pero ese pode ser, debería ser, tamén o noso punto de vista. Aí están os nosos prexuízos de brancos de clase media, receosos co diferente, pero capaces de superalos, porque temos a capacidade de diferenciar o ben do mal, de non caer na compracencia e o auto engano, de ser boas persoas e tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós.

Unha lectura máis que recomendable que ademais conta cunha unidade didáctica magnífica, ideal para traballar nas aulas a problemática da inmigración, pero tamén de como enfrontarnos ao mundo, aos demais, desde unha postura ética. A única ferramenta sólida para vivir mellor, con nós mesmos e cos outros.

domingo, 29 de xuño de 2014

3052, Persiguiendo un sueño; de Mamadou Dia


A obra “3052, Persiguiendo un sueño” do senegalés Mamadou Dia cóntanos en primeira persoa o drama da actual inmigración africana e, a través da forma narrativa dunha carta escrita ao seu irmán, permítenos coñecer este tema tan presente na nosa vida cotiá  dun xeito moi directo e claro, sen artificios políticos nin periodísticos, e amosándonos a absoluta inxustiza das actuais políticas de inmigración europeas.
Mamadou Dia é un protagonista considerado afortunado desa longa e vergoñenta serie de episodios diarios aos que non queremos poñer fin; precisamente, el apunta neste libro e no seu traballo como colaborador na organización Cooperación para el desarrollo algunhas das ideas claves para rematar con este aterrador problema, non se trata de solidariedade, trátase de desenvolvemento e falla de oportunidades.




luns, 24 de febreiro de 2014

O xiro postal, de Ousmane Sembene (libro e película)

Eladio Anxo
2260362298_343fe4c4f6Ousmane Sembene (1923-2007) é un dos grandes persoeiros da cultura africana. Naceu en Senegal, loitou na II Guerra Mundial contra o nazismo, traballou despois en Francia en diversos oficios manuais. Militou no comunismo e, nos anos 50, comezou a publicar novelas e, coa finalidade de chegar a máis xente, rodou varias curtametraxes. En 1966 estreou a primeira longametraxe africana, A negra de… No ano 1968 realizou a primeira película rodada nunha lingua africana, o wolof: Mandabi, baseada en O Xiro Postal.
Toda a súa obra literaria (escrita en francés) e cinematográfica amosa o compromiso do autor coa denuncia das desigualdades, transmitindo unha mensaxe de loita e esperanza na mellora das condicións de vida dos africanos.
O Xiro postal conta as dificultades burocráticas dun cidadán de Dakar, condenado desde hai máis dun ano ao paro, para poder cobrar un xiro que lle mandou un sobriño, emigrante en París. Ao tempo que describe as situacións esperpénticas vividas polo protagonista, amósanos unha sociedade corrupta e empobrecida, o Senegal recentemente independizado de Francia. Ambientada nos anos sesenta, ben podemos trasladar a falta de principios éticos e o servilismo de moitos dos personaxes a unha realidade máis próxima no tempo e no espazo.
Non hai heroes, nin tan sequera personaxes atraentes, só monicreques condenados a cumprir o papel que lles tocou nun mundo esencialmente inxusto. Uns, a maioría, loitan por sobrevivir día a día, rebaixándose ata a degradación para conseguir unha esmola coa que poder mercar algo de comida; outros adáptanse a nova realidade, sen escrúpulos para medrar, e outros fan de chupatintas repelentes que agochan a súa insignificancia maltratando aos seus concidadáns. E as mulleres, marxinadas, pero sempre atentas a salvar aos seus homes, pondo un pouco de sentido aos arroutos masculinos que dominan o absurdo cotiá.
O autor non necesita que sintamos simpatía por ningún personaxe, abonda a descrición dunha realidade inhumana, humillante, para que tamén sintamos carraxe ante a perda da dignidade e a miseria pola que ningún ser humano debería pasar. E así, consegue o seu propósito, que máis que compaixón sintamos rabia ante a inxustiza.

Un libro breve, moi fácil de ler e moi ben traducido, un mosaico das miserias e debilidades humanas, apegado á rúa, ao pobo senegalés, pero cun contido universal, porque a hipocrisía (a verdadeira protagonista da novela) é común a tódalas sociedades e persoas. Os convencionalismos sociais, e a relixión como o maior deles, seguen rexendo a nosa forma de relacionarnos, agochando a nosa incapacidade para rebelarnos, para facer que as cousas cambien.

-(…) Pensas que todo está podre…? Non… Nin sequera os que teñen traballo están contentos. Isto vai cambiar.
-Quen o vai cambiar? Pasei un ano sen traballar porque fixera folga. Teño dúas mulleres e nove cativos. O único que dá cartos son as trampas.
-Mañá faremos que todo iso cambie.
-Quen, nós?
-Ti.
-Eu…?
-Si, ti. Ibrahim Dieng.
-Eu…?


mércores, 16 de outubro de 2013

La nueva trova ‘dakaroise’


Un grupo de juglares urbanos denominado Vendredi Slam riega de poesía las noches de la capital senegalesa

Los jóvenes retoman la tradición oral africana

Unas 50 personas se desparraman por el alargado patio del modesto edificio. Algunas están sentadas en sillas de plástico, pero la mayoría yace sobre alfombras y cojines en el suelo. Son las nueve de la noche, pero ni a esta hora el calor da una tregua. De repente, un joven alto y delgado, de cara angulosa, se levanta y empieza a recitar una poesía que ha preparado para la ocasión. Es Minuss Niang, administrativo en una empresa durante el día que, junto a su grupo de amigos, cada noche se sumerge en este mundo de música y versos que es como un universo paralelo bien diferente a la desnuda crudeza de las calles de Dakar, la ciudad donde habitan. Son Vendredi Slam. Poetas, raperos, juglares, oradores. Ningún adjetivo les cuadra y son un poco todo eso.
Samantha, pantalón vaquero, camiseta de tirantes, recita un poema dedicado a la mujer sobre un minimalista fondo de guitarra. Youssou, que acaba de llegar de Europa, se atreve con un texto sin verbos en el que repasa la historia reciente de Senegal. Halil, el más joven del grupo, le canta al amor mientras fija su mirada en una joven entre el público, poco antes de que Djamil saque de paseo toda su ironía y sentido del humor para recitar unos versos que abordan el siempre complejo tema del matrimonio. Y así, entre risas y poesía, música y sorbos de té, se va pasando la noche.
El primero de todos fue Diofel, un joven artista que en 2009 comenzó a organizar sesiones de poesía en un bar de Dakar que se llamaba Pink, en la zona del embarcadero. “Íbamos cuatro o cinco personas”, recuerda Minuss, “luego pasamos a otro local llamado Le Point E. Allí cogimos vuelo”.
Lo que hacen, esta declamación de poesía a veces acompañada de un fondo musical, es slam, un término que nació hace 20 años en Estados Unidos para definir a un arte que hunde sus raíces tanto en la literatura norteamericana como en las culturas negroafricanas. “Es difícil conocer el origen, porque en realidad el slam procede de la oratoria y esto ya lo cultivaron los griegos”, asegura Djamil. “La música no es imprescindible, lo importante es la palabra, la fuerza de los textos”, añade Halil.
Hace unos días pasó por Dakar Fabian Marsaud, el gran gurú de la poesía slam en lengua francesa. Conocido en todo el mundo como Grand Corps Malade (Gran Cuerpo Enfermo), Marsaud sufrió una rotura de vértebras cuando tenía 20 años a consecuencia de una mala zambullida en una piscina. Sin embargo, logró recuperarse y se ha convertido en un ídolo para los slameurs del mundo francófono. Los chicos de Vendredi Slam lo veneran y ven en Marsaud la imagen de alguien que supo hacer frente a la adversidad y hacer llegar su voz al mundo a través de discos de éxito y actuaciones por todas partes. En Senegal quieren ser como él. Aquí, estos poetas, urbanos y rebeldes, recitan muchas veces a la luz mísera de bares poco frecuentados o en patios privados donde construyen su universo paralelo, pero cada vez más les empiezan a llamar de teatros y locales de moda, como el Sorano o el Just4U.
Durante una semana, poco después de la visita de Grand Corps Malade, el Instituto Goethe de Dakar acogió un taller de escritura organizado por Vendredi Slam. Durante horas, una veintena de alumnos aprendían técnicas básicas de la redacción poética y se lanzaban a componer sus primeros textos que luego recitaron en una sesión especial. Uno de los platos fuertes era la escritura colectiva, hacer composiciones entre dos, tres o cuatro personas, algo que también es propio de este arte. Sin apenas apoyos, sin un circuito cultural sólido que les permita llegar al gran público, con pocas esperanzas de ganarse la vida con lo que mejor saben hacer, los jóvenes poetas resisten.
En Senegal el hip hop tiene una fuerza enorme. Solo en las afueras de Dakar, en el eje formado por los enormes barrios de Guediawaye, Pikine y Thiaroye, hay no menos de 3.000 pequeños grupos de rap.
Quizás por eso el slam está empezando a calar con fuerza en este país. Porque aquí la oralidad cuenta. Porque no es importante solo decir las cosas, sino la manera de decirlas. Pero, a diferencia del rap, los textos del slam son muy trabajados.
El escritor Boubacar Boris Diop, uno de los grandes de la literatura senegalesa, ya ha sabido ver en estos chicos lo que representan: “Son un nuevo aire para la poesía”, asegura el autor, que ha colaborado en algunos textos de Minuss Niang, el estandarte del grupo.
Al patio del humilde edificio, un espacio al que llaman Hierro y Cristal, no llega el ruido del tráfico ni la escandalera de los niños que juegan en las calles. Aquí suena la voz de estos juglares nocturnos y llega sin intermediarios a las 50 personas que han pensado que esta noche, ¿por qué no?, un poco de poesía recitada con pasión no le hace mal a nadie. Más bien lo contrario. “Ya has llegado a la ciudad. Cierra los ojos y escucha la dulce cacofonía de las bocinas de los coches. Los peatones circulan por la carretera y los coches sobre las aceras, todo el mundo va en dirección contraria y esto te revuelve todos los sentidos. ¡Un caos sagrado!” (letra de Youssou, miembro de Vendredi Slam, sobre Dakar.