O Kouroukan
Fouga ou Carta de Mandén era a constitución do Imperio de Malí (1235-1670). É
unha declaración que fixou as regras básicas nas que se fundou o Imperio, coa
intención de evitar a guerra e garantir unha convivencia en harmonía.
Estableceu formalmente a federación das tribos mandinka baixo un goberno,
definiu como funcionaría este e estableceu as leis que rexerían ao pobo.
O Mansa
Sundiata Keïta presentou a lei en 1235 nunha chaira próximoa á cidade de Ka-Ba
(actual Kangaba), e sobreviviu grazas á tradición oral a través de xeracións de
djeli ou griots. O djeli preservou a historia do imperio de Malí incluíndo os
seus reis, batallas e sistema de goberno.
Pon como
principio o respecto pola vida humana, a liberdade individual e a
solidariedade. Afirma a oposición total ao sistema de escravitude que se volveu
corrente en África occidental. A abolición do devandito sistema foi un dos
logros máis importantes de Sundiata Keita e do Imperio de Malí.
O Kouroukan
Fouga diríxese "ás doce partes do mundo"; ten unha vocación de
universalidade. Esta carta pode ser considerada como unha das primeiras declaracións
de dereitos humanos. Está escrita en forma poética e contén sete estrofas, cos
seguintes encabezados:
- Toda vida é unha vida
- O dano require reparación
- Practica a axuda mutua
- Coida da patria
- Elimina a servidume e a fame
- Que cesen os tormentos da guerra
- Cada quen é libre de dicir, de facer e de ver
Texto da Carta: https://dhpedia.wikispaces.com/Carta+de+Mand%C3%A9n
Ningún comentario:
Publicar un comentario