Un
antropólogo que estudaba os hábitos e costumes dunha tribo en África, e porque
el sempre estaba rodeado de nenos da tribo, decidiu facer algo divertido entre
eles; conseguiron unha boa cantidade de caramelos na cidade e puxéronos a todos
nunha canastra decorada con cinta e outros adornos, e logo deixaron a canastra
debaixo dunha árbore.
Logo
chamou aos nenos e propuxo un xogo: que cando el dixese "agora", eles
deberían correr até aquela árbore e o primeiro que chegase á canastra sería o
gañador, e tería dereito a comerse todos os caramelos el só.
Os
nenos foron colocados en fila, esperando o sinal acordado.
Cando
dixo "Agora!" inmediatamente todos os nenos tomáronse das mans e
saíron correndo xuntos cara á canastra. Chegaron xuntos, e comezaron a dividir
os caramelos, e sentados no chan, coméronos felices.
O
antropólogo foi ao seu encontro e preguntoulles indignado por que habían ir
todos xuntos, se só un puido ter toda a canastra.
Entón,
os nenos responderon:
UBUNTU!!!
Como un de nós podería ser feliz se todos os outros estivesen tristes?
UBUNTU
significa: - "Eu son porque nós somos!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario