Un mar de sueños rotos, editado polo
Goberno de Canarias no 2008, é un relato escrito por Daniel Delisau Suárez,
estudante do IES Pérez Galdós de Las Palmas de Gran Canaria, e ilustrado por
sete alumnos da Escuela de Arte Fernando Estévez de Tenerife. Narra as razóns
dos inmigrantes para arriscar a súa vida subindo a unha patera, na procura dun
futuro mellor.
A calidade do texto e das imaxes,
así como a importancia social do tema tratado, fan desta obra unha excepcional
ferramenta para traballar a inmigración nas aulas. Aquí tedes unha proposta didáctica.
Os protagonistas son dous
inmigrantes senegaleses, Touba Dibangui e Vieux Samaté, que deciden subir a
unha patera para chegar a Canarias. Eles cóntannos os seus soños e esperanzas
no discorrer dunha dramática viaxe de final incerto, que para nós case deixou
ata de ser noticia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario