luns, 17 de febreiro de 2014

Sinal, de John Stanmayer


Esta é a foto gañadora do World Press Photo 2014. Un grupo de inmigrantes africanos busca cobertura para o seu móbil na costa de Djibuti, un lugar de paso para os migrantes procedentes de países como Somalia, Etiopía ou Eritrea. "Esta foto é poética, ten o eco de todos nós. É só xente tratando de chamar aos seus seres queridos. Poderiamos ser vostede ou eu, podería ser calquera", di o autor premiado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario